Actividade 15: Nos confíns do Sistema Solar.

1. Que é a forza da gravidade?, a que famoso científico debemos a lei que a explica? 

A gravidade é a forza que atrae dous corpos, un en dirección ao outro; é a forza que fai os froitos caír das árbores en dirección ao solo; é tamén o que mantén os planetas en órbita, ao redor do Sol. Newton explicou esta lei

Posteriormente, o físico Albert Einstein no século XX, baseándose en Newton e os seus propios achados, postulou a súa Teoría da Relatividade Xeral, na que reformula algúns aspectos da gravitación newtoniana.

Inaugurouse así unha nova perspectiva sobre a gravidade, denominada “relativista”. Segundo ela, a gravidade non é unha medida universal de forza, senón variable, e afecta non só ao espazo senón tamén ao tempo.

2. Que é a nube de Oort?, a que distancia se atopa do Sol?

 A Nube de Oort, nomeada polo astrónomo neerlandés Jan Oort e en ocasións chamada a Nube de Öpik–Oort, é unha nube teórica que estaría predominantemente composta de planetesimais volátiles que arrodearía ó Sol.  A súa existencia postulouna por primeira vez o astrónomo estoniano Ernst Öpik no ano 1932. Divídese en dúas rexións: 

-Nube interior de Oort en forma de disco coñecida como Nube de Hills

-Nube de Oort exterior esférica. 

Ámbalas dúas rexións atoparíanse máis aló da heliosfera, no espazo interestelar. En comparación, o Cinto de Kuiper e o disco disperso, os outros dous depósitos de obxectos transneptunianos, atópanse a menos dunha milésima parte de distancia do Sol que a Nube de Oort.

O límite exterior da Nube de Oort define o límite cosmográfico do Sistema Solar e a extensión da esfera de Hill do Sol. A Nube exterior de Oort tería unha débil ligazón co Sistema Solar, e veríase doadamente afectada polo pulo gravitacional de estrelas próximas e da propia Vía Láctea. Estas forzas serían as que ocasionalmente extraerían cometas das súas orbitas dentro da nube, enviándoos cara o Sistema Solar interior. Baseándose nas súas órbitas, a maioría dos cometas de período curto procederían do disco disperso, máis algúns destes poderían ter a súa orixe na Nube de Oort.

Crese que a nube de Oort se extiende desde 2000 ua (unha unidad astronomica é a distacia que hai entre o Sol e a Terra e equivale aproximadamente a 149 597 870 Km) ou 5000 ua​ ata 50 000 ua​ do Sol, aunque algunhas fontes sitúan seu límite entre 100 000 ua e 200 000 ua.

3. Algúns dos "visitantes" que proceden das zonas máis remotas do Sistema Solar, son os cometas. Indica unha breve información sobre algún deles. 

Un cometa é un corpo celeste formado por xeo, po e rochas que xira arredor do Sol seguindo diferentes camiños elípticos. Os cometas forman parte do Sistema Solar, xunto co Sol, os catro planetas interiores, os catro planetas exteriores, os seus respectivos satélites, os plutoides e os corpos menores do sistema solar.  


O cometa Halley, tamén chamado 1P/Halley, é un cometa brillante de período intermediario que retorna ás rexións interiores do sistema solar cada 75,3 anos, aproximadamente. Aínda que o nome fai referencia ao astrómono inglés Edmund Halley por ter determinado a súa órbita e a súa reaparición periodica, o descubrimento atribúese ao astrónomo Johan Georg Palitzsch que o descubriu o 25 de decembro de 1758, aproximadamente na data prevista por Halley para a súa reaparición (de ónde ven a tradición de consideralo como o cometa do nadal), chegou cun retardo de 618 días polo seu perihelio (ao ser perturbada a súa órbita por Xúpiter e Saturno). Halley, pola súa parte, usou datos de Kepler e Petrus Apianus para facer os seus cálculos.

Orbita en torno do Sol na dirección oposta á dos planetas e ten unha distancia de perihelio de 0,59 unidades astronómicas; no afelio(En astronomía o afelio é o punto de máxima separación orbital entre un planeta e o Sol), a súa órbita esténdese alén da órbita de Neptuno sen pasar da órbita de Plutón, chegará ao afelio no ano 2024. Foi o primeiro cometa en ser recoñecido como periódico, cálculo feito por Edmund Halley en 1696, co que demostrou que os cometas eran corpos que tiñan órbitas pechadas moi excéntricas. O cometa foi rexistrado por primeira vez en 240 a. C. e mostrouse visíbel a ollo nu en todas as súas 30 aparicións rexistradas. Na Gallaecia do século V d.C rexistrou a súa visita Hidacio de Chaves, os días 18 e 29 de xuño do ano 451 d.C.

4. Que é Oumuamua? Pon a súa imaxe.

Previamente coñecido como A/2017 U1, é un obxecto aparentemente interestelar que pasou a través do Sistema Solar. Foi descuberto nunha órbita altamente hiperbólica por Robert Weryk o 19 de outubro de 2017 mediante observacións feitas polo telescopio Pan-STARRS cando o obxecto estaba a 0,2 UA (uns 30 millóns de km) da Terra. Inicialmente pensouse que era un cometa, pero foi máis tarde reclasificado como un asteroide.

A excentricidade da órbita do obxecto, tras dúas semanas de observacións, estímase en 1,195±0,001, a maior xamais observada no Sistema Solar. O récord anterior tíñao C/1980 E1, cunha excentricidade en saída de 1,057. A excentricidade de 2017 U1 tanto en entrada como en saída, indica que nunca estivo ligado ao Sistema Solar e que se trata dun obxecto seguramente interestelar.

Oumuamua, la hipótesis de un Ovni que cruzó nuestro ...

 

Comentarios

Entradas populares de este blog