Actividade 26: A xeosfera

1.Cal é a nosa maior fonte de información para estudar o interior da Xeosfera? Que son as descontinuidades?

Os terremotos son a maior fonte que empregamos para poder estudar o interior da Xeosfera.

Unha descontinuidade é unha área de separación detectable metrolóxicamente dentro dos corpos rochosos próximos á superficie ou en rexións máis profundas da cortiza terrestre e o manto. O nome significa unha interrupción dentro da estrutura uniforme (continuo) dunha roca ou outro sólido

2. A capa máis interna da Xeosfera é, dependendo da clasificación usada, é o Núcleo ou Endosfera. Indica como é o seu estado e composición química?.

 O núcleo, este está composto fundamentalmente por ferro, con 5-10 % de níquel e menores cantidades de elementos máis lixeiros, talvez xofre e osíxeno.​ Ten un radio de preto de 3500 km, maior que o planeta Marte e representa o 32 % da masa total da Terra consta dun núcleo externo líquido, e un núcleo interno sólido.

3. O Núcleo é, en gran parte, o responsable de que o noso planeta teña un campo mágnético. Que é o campo magnético? cal é a sua importancia? que relación ten có Núcleo?

É o campo magnético que se estende desde o núcleo interno da Terra até o límite no que se atopa co vento solar; unha corrente de partículas enerxéticas que saen do Sol

A importancia do campo magnético para a terra é que desvía a maior parte de partículas de radiación solar da terra; sen el toda a radiación destruiría a capa de ozono que nos protexe dos raios ultravioleta.

4. Continuando cara ao exterior da Terra a seguinte capa é o Mando ou Mesosfera. Indica como é o seu estado e composición química?.

A mesosfera esta en estado líquido xusto enriba do núcleo. A súa composición e de osíxeno, silicio, magnesio, ferro, aluminio, calcio, sodio e potasio.

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog