Actividade 26: A xeosfera
1.Cal é a nosa maior fonte de información para estudar o interior da Xeosfera? Que son as descontinuidades?
Os terremotos son a maior fonte que empregamos para poder estudar o interior da Xeosfera.
Unha descontinuidade é unha área de separación detectable metrolóxicamente dentro dos corpos
rochosos próximos á superficie ou en rexións máis profundas da cortiza
terrestre e o manto. O nome significa unha interrupción dentro da
estrutura uniforme (continuo) dunha roca ou outro sólido
2. A capa máis interna da Xeosfera é, dependendo da clasificación usada, é o Núcleo ou Endosfera. Indica como é o seu estado e composición química?.
O núcleo, este está composto fundamentalmente por ferro, con 5-10 % de níquel e menores cantidades de elementos máis lixeiros, talvez xofre e osíxeno. Ten un radio de preto de 3500 km, maior que o planeta Marte e representa o 32 % da masa total da Terra consta dun núcleo externo líquido, e un núcleo interno sólido.
3. O Núcleo é, en gran parte, o responsable de que o noso planeta teña un campo mágnético. Que é o campo magnético? cal é a sua importancia? que relación ten có Núcleo?
É o campo magnético que se
estende desde o núcleo interno da Terra até o límite no que se atopa co
vento solar; unha corrente de partículas enerxéticas que saen do Sol
4. Continuando cara ao exterior da Terra a seguinte capa é o Mando ou Mesosfera. Indica como é o seu estado e composición química?.
A mesosfera esta en estado líquido xusto enriba do núcleo. A súa composición e de osíxeno, silicio, magnesio, ferro, aluminio, calcio, sodio e potasio.
Varios erros e fíxate no formato.
ResponderEliminar